I Congreso de estudiantes OCEÁNTICA
Co obxectivo de sensibilizar sobre a sustentabilidade nos espazos de interacción mar-terra-poboacións humanas nos sistemas costeiros e sobre o reto do cambio climático, o proxecto OCEÁNTICA do Campus do Mar, convoca o Congreso xuvenil internacional OCEANTICA2013 e o seu Campus de Premiados para estudantes de sexto de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade e nivéis equivalentes en ensino básico e medio (≥12 anos) e superiores (≥ 18 anos) de outros países.
Os traballos terán por obxectivo a comunicación para a sensibilización da cidadanía sobre o cambio climático, e demais retos aos que se enfronta o estudo do medio mariño; e así como o respecto do medio ambiente e a sustentabilidade en xeral. Na súa elaboración tomaranse como referencia as seguintes categorías de formatos de comunicación:
- Relatos
- Poesía
- Curtas
- Cancións presentadas a modo de vídeos musicais
- Vídeos de obras de teatro
- Fotografía comentada
- Comic
- Presentacións
- Póster
- Debuxos
- Reportaxes multimedia
- Páxinas web
Os traballos máis valorados polo xurado, tendo en conta o nivel de competencia curricular dos autores (70% da puntuación global) e máis votados no portal do congreso virtual (30% da puntuación global) serán premiados para participar nun campus científico – artístico – socio – ambiental. Para poder optar a este premio, os traballos deberán ser individuais ou en parellas.
Está previsto que o campamento para premiados se desenvolva nun dos dous albergues da Xunta de Galicia de Gandarío, pola súa dotación de equipamiento náutico e a súa proximidade a recursos necesarios para o desenvolvemento do proxecto de comunicación audiovisual.
A data límite para dar a coñecer os resultados definitivos das valoracións do xurado será o día 20 de xuño 2013.
¿COMO PARTICIPAR?
Cada traballo deberá incluir os datos dos autores, do centro educativo no que están matriculados e unha descrición do mesmo de entre 30 e 50 palabras.
Os formatos nos que se presentarán os traballos son os seguintes.
- Formato de vídeo: avi, 3gp, mov, mp4, mpeg, flv, mkv
- Formato de imaxe: jpg, jpeg, bmp, tiff, png
- Formato de documento: pdf, Powerpoint (ppt, pps, pot, pptx, ppsx, potx), Word (doc, docx), OpenOffice (odp, odt, ods)
Terán que ser insertados na páxina web do congreso http://campusdomar.es/oceantica/congreso antes das 24 horas do último día de maio.
Dentro do apartado Como participar poderás atopar os tutoriais con todos os pasos a seguir para cargar os traballos na plataforma. En caso de dúbida enviarase un correo electrónico á conta: oceantica@campusdomar.es
http://campusdomar.es/oceantica/congreso-xuvenil/