Historias do Asorey. Medio Ambiente

9 Marzo 2013
xardíns

Desde sempre, o Departamento de Ciencias Naturais do noso centro fixo unha aposta decidida por cambiar o aspecto dos espazos exteriores e crear recunchos onde se puidese gozar e aprender coa natureza.

Neste traballo implicámonos todos e todas, profesorado e alumnado, moi especialmente o de 1º de ESO que sempre está disposto a botar unha man. Os primeiros anos pasamos moito traballo xa que, debido ás numerosas obras que houbo no centro, acumulábase moito entullo e lixo e moitas veces desfacían o feito en anos anteriores. Foron moitas as árbores víctimas destes procesos e o espazo que fumos perdendo. Desde a última ampliación de terreos estamos á espera de que se remate de acondicionar para poder completar a preparación dos xardíns.

Presentamos aquí unha pequena mostra das actividades relacionadas co medio ambiente que se realizaron  no  centro desde 1998, cando se ampliou o edificio e se incorporou o alumnado da ESO procedente de San Tomé, Castrelo e Vilariño. Durante cinco anos participamos no proxecto VOZ NATURA e fumos distinguidos co primeiro premio provincial no curso 2001-2002. No ano 2001 recibimos un premio da Consellería de Medio Ambiente polo traballo sobre as Enerxías Renovables.