Historia do Sistema Periódico

7 Abril 2011
táboa periódica

O 6 de marzo cumplíronse 142 anos da presentación da primeira táboa periódica de Dimitri Mendeléyev na Sociedade Química de Rusia. Desde eses primeiros tempos, nos que se coñecían 66 elementos, ata actualidade, na que se coñecen 116, as investigacións sobre este tema cambiaron moito. Neste ano da química adicamos varios traballos a dar a coñecer a Táboa periódica, un artigo de dúa alumnas e unha táboa periódica interactiva que se pode consultar no enlace:

A partir do século XIX a cantidade de elementos coñecidos era o suficientemente grande como para necesitar unha clasificación.

En 1829, J. Döbereiner fixo a primeira clasificación dos elementos químicos coñecidos, agrupándoos por tríadas (conxunto de tres elementos con propiedades moi semellantes). Dúas décadas máis tarde xa se estableceran 20 tríadas, o que indicaba que determinados grupos de elementos presentaban propiedades periódicas.

Algo máis tarde, en 1866, o químico inglés J. Newlands formulou a lei das octavas, que di que se ordenamos os elementos en orde crecente dos seus pesos atómicos, o octavo elemento, a partir dun dado, ten propiedades fisicoquímicas análogas a este. As ideas de Newlands permitiron comezar a establecer grupos de elementos e periodicidade de propiedades.

No 1869, D. I. Mendeléiev y J.L. Meyer, independientemente, estableceron unha clasificación periódica dos elementos, baseándose en:

-Colocar os elementos por orde crecente das súas masas atómicas.

-Agrupar os elementos en función das súas propiedades.

Na súa obra fundamental Mendeléiev expón a súa lei periódica: as propiedades dos corpos simples son unha función periódica do valor do peso atómico.

A Táboa Periódica de Mendeléiev (1871) inclúe os 66 elementos coñecidos ata entón. Na actualidade, sabemos que os defectos desta táboa derivan de que a periodicidade das propiedades químicas dos elementos son función do seu número atómico, e non do peso atómico como daquela se creía.

No 1913, o físico inglés H.G. Moseley coñecía que cando se facían incidir electróns de alta enerxía sobre un bloque de metal, este emitía raios X. Da observación do espectro de raios X emitido, Moseley expuxo:

-A frecuencia característica da radiación emitida está directamente relacionada co denominado número atómico.

-A relación entre a frecuencia dos raios X e o número atómico pode expresarse mediante a ecuación dunha recta, e dpendente obtense o valor do número atómico.

Por outra banda, a variación da frecuencia co número atómico é tan regular que permite determinar se dous elementos están contiguos na Táboa Periódica, ou cantos lugares están separados.

Moseley indicou, ademais, que o número atómico era unha propiedade esencial de cada elemento, que identificou coa carga positiva do núcleo.

O actual Sistema Periódico baséase na Táboa que propuxo Mendeléiev, utilizando como criterio de ordenación o número atómico. Esta idea permítenos dispoñer dunha lei periódica:

Se se colocan os elementos según aumenta o seu número atómico, obsérvase unha variación periódica das súas propiedades.

Mendeleyev táboa

Táboa de Mendeleyev