Historia das exploracións a Marte

3 Maio 2012
marte-exp

A exploración de Marte comezou no contexto da carreira espacial entre Estados Unidos e a Unión Soviética a que deu lugar á Guerra Fría entre estes dous países. Pero o interese en Marte e na posibilidade de que alí houbera vida, se remonta xa a 1877 cando o astrónomo italiano Giovanni Schiaparelli afirmou que puido distinguir unha especie de canles por todo o planeta. 

Os primeiros lanzamentos foron realizados polos soviéticos a comezos dos anos 60. Estas misións non acadaron o éxito debido a problemas técnicos que provocaron que a gran maioría non puidera saír da orbita terrestre. En1964 asonda Mariner 4 (EEUU) consigue enviar as primeiras  fotografías pero de moi baixa calidade. E as sondas xemelgas Mariner 6 e 7  conseguiron orbitar arredor do planeta vermello.

A primeira sonda soviética con éxito foi o Marsnik 2 en 1971 cuxo principal obxectivo científico  era realizar un aterraxe suave en Marte. A secuencia de descenso do “aterrizador” fallou e a nave  chocou contra a superficie. O “orbitador” tivo éxito.            

O programa Viking da NASA consistiu en dúas misións non tripuladas a Marte, coñecidas como Viking I e Viking II. Cada misión posuía unha sonda orbital deseñada para fotografar a superficie marciana desde a órbita do planeta, e actuar como un "intermediario" de comunicacións entre a Terra e a sonda Viking de aterraxe. Esta misión conseguiu o primeiro estudo biolóxico de Marte.                                           

Durante a década dos noventa houbo poucos lanzamentos, e destaca o Mars Pathfinder que foi o primeiro “aterrizador” acompañado dun “rover”.                                                                                                                          

No século XXI o feito máis destacado é o descubrimento de xeo xa que  é o maior paso na exploración de Marte e axuda a alimentar as teorías da posible vida que puido haber neste planeta noutras fases da historia.    

O pasado 26 de novembro de 2011 foi lanzada a Mars Science Laboratory (abreviada MSL), coñecida como Curiosity. Se trata de una misión espacial que inclúe un astromóbil de exploración marciana dirixida porla NASA e que investigará a capacidade pasada e presente de Marte para acoller vida.

Respecto ó futuro destas exploracións marcianas, a NASA e a ESA programaron a longo prazo unha misión na que pretenden realizar unha misión tripulada a Marte. Esta misión tería fins científicos de recollida de mostras con obxecto de estudar a astrobioloxía da lúa e Marte grazas ao retorno das probas obtidas á terra. Aproximase que no ano 2030 enviarase a primeira tripulación a Marte para cumprir co proxecto.