Hipnose e dor

7 Marzo 2013
hipnose

A hipnose é un estado de tipo psicolóxico e fisiolóxico inducido por un hipnotizador. É un tipo de estado, distinto da vixilia normal, no que os seres humanos vivos aceptan suxestións reais que o hipnotizador suxire.

Existen moitos tipos de hipnose e unha delas é a da dor. Numerosos estudios científicos e investigacións demostraron a eficacia da hipnose para reducir ou eliminar a dor e aliviar o sufrimento dos pacientes. É un método cada vez máis usado no campo da medicina para o tratamento da dor. Estudios realizados nos últimos anos sobre o uso da hipnose para o alivio da dor, afirman que a hipnose proporciona efectos analxésicos para moitos tipos de dor, confirmando os criterios esixidos na medicina para «un tratamento ben establecido» nesta área.

Desde un punto de vista médico a hipnose  pode ter diferentes utilidades e distintas indicacións médicas. A hipnose tamén  é util para tratamento de fobias de tipo neuroses nas que o paciente sinte unha gran angustia  ante o pensamento dun determinado estímulo do que o paciente é consciente. Neste campo é onde se obteñen mellores resultados da hipnose.