El Hierro non é o único

2 Decembro 2011
volcán Sakurajima

Na actualidade estase a falar cada día da erupción volcánica na illa de “El Hierro”, sobre todo, por que nos topa preto. Pero en realidade, é o único? Obviamente, non. 

O programa de vulcanismo da Smithsonian Institution informou esta semana de que hai dezaseis volcáns activos en todo o mundo, en países como Indonesia ou Hawaii. Estes son os que percibimos a simple vista, pero non son os únicos. Estímase que, nun ano, máis de catro kilómetros cúbicos de lava emerxen á superficie da Terra, sendo unha cuarta parte en terra firme.

Grazas ao resto, aos que se producen en fondos submariños, a cortiza terrestre está en contínua reciclaxe. A expulsión de lava produce a separación dos continentes, mentres que, noutras zonas, os bordos de placas chocan sobrepoñéndose uns a outros, provocando que a rocha volva ao interior terrestre.

Aínda así, cada un deses volcáns son sumamente distintos. Os vulcanólogos poden deducir, xeralmente, por que  pero só de xeito relativo, posto que ninguén pode predicir con exactitude onde e cando se pode dar unha erupción. Así tamén, as diferenzas entre eles danse entre os tipos de magma de cada zona. O grao de evolución do magma depende da transformación que sofre ao ascender. Por exemplo, se o ascenso foi traballoso e lento, será un magma máis explosivo; pola contra, se é un ascenso máis lento, produce máis gases na erupción.

Así, a gran vantaxe dos volcáns, esquecidas as consecuencias medio ambientais e os detrozos naturais é que, polo menos, avisan.