Halloween, Samaín, Noite de Defuntos...

2 Novembro 2011
samaín

O Hallowenn é unha festa que se celebra principalmente nos Estados Unidos, norte de México e algunhas provincias de Canadá na noite do 31 de outubro. Este día asóciase coas cores laranxa e negra. As actividades típicas do Halloween son o fammoso “truco ou trato” e as festas de disfraces, ademais das fogueiras, as visitas ás casas encantadas, as bromas, a lectura de historias de medo e as películas de terror. A cabaza é o motivo ornamental típico desta celebración.

Esta festa chega aos Estados Unidos levada polos inmigrantes europeos e foi estendida como estratexia comercial. Na nosa zona celébrase promocionada polo profesorado de Inglés.

O Samaín significa, en lingua gaélica, o “fin do verán”. É unha festividade da culturas celtas na que se celebra o fin da tempada das colleitas e o inicio da estación escura, entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno. Era unha festa para os mortos, na que se dicía que volvían ao mundo dos vivos. Para afastar ás perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto dos valados as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. Máis tarde veu a tradición de poñer nabos ou cabazas baleiras con luces no seu interior.

Esta festa foi substituída no século VII pola de Tódolos Santos polo papa  Bonifacio IV.

En Galicia o Día dos Defuntos e de Tódolos Santos celébranse desde tempos antigos. Arredor destas datas hai moitos costumes e tradicións, algunhas xa perdidas e outras actualizadas dacordo cos costumes relixiosos e sociais, como o de adornar e visitar as tombas dos familiares. Era costume entre os rapaces e rapazas poñer polos camiños cabazas baleiras con velas dentro imitando caliveras para asustar aos que saían de noite. Tamén era costume ir pedir “o defuntiño” e nas casas dábanlle castañas, espigas, mazáns, cartos, dóces… Nalgúns lugares o que pedía era o sacristán cun peto das ánimas. Antigamente deixábase un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos.

Tamén son os días en que o enterradores e coidadores dos cimenterios reciben un donativo dos veciños en produtos ou en cartos. Nalgunhas zonas póñense velas nos petos das ánimas e espigas especiais, formadas por varias que medran xuntas, chamadas “espigas das ánimas

Hai uns anos en Cambados dicíase que non se podía ir ao mar no día de defuntos para non coller mortos ou os seus restos nas redes.

Samaín1

Festa no Asorey