Hai vida noutros planetas diferentes á terra?

5 Abril 2012
vida no Universo

Un equipo internacional de astrónomos, coa participación española, describiu unha novedosa técnica que podía levar o descubrimento da vida extraterrestre noutros planetas, un método co que se analiza a luz terrestre reflexada na Lúa.

Ademáis, este novo sistema, é capaz de detectar se un planeta ten vexetación.

A clave deste traballo foi estudar a Terra como se se tratara dun planeta situado fóra do sistema solar e observala a través do reflexo que proxecta sobre a Lúa.

Os investigadores trataron de atopar indicacións, como certas combinacións de gases na atmosfera, que se consideran indicios de vida orgánica. Esta investigación diferénciase das anteriores porque esta nova técnica empregada, explota a polarización. Cando a luz se polariza os campos eléctrico e magnético teñen unha orientación determinada. Deste xeito, dependendo de se é xeo, nubes, terra ou océanos a superficie, a luz reflectida polarízase nun grao e nunha cor determinada.

O equipo formado por estes investigadores admitiu que este novo método non achegará datos sobre a vida intelixente, pero a súa aplicación nas novas xeracións de telescopios máis potentes podería fácilmente brindar á humanidade a nova da posible vida noutros planetas diferentes á Terra.