Que hai detrás das picaduras de augamares?

As pragas de augamares como síntoma da degradación ambiental
4 Novembro 2013
Augamares na praia

É habitual que todos os veráns cheguen á costa augamares, pero nos últimos anos, non só se elevou a súa presenza nas praias, se non que tamén se viu incrementado o número de poboación desta especie.

Este aumento, esta propiciado pola suma dunha serie de factores.

O principal é a sobrepesca das especies predadoras de augamares (tartarugas mariñas,peixes lúa, baleas e atún) xa que a súa captura excesiva contribúe á reprodución das augamares. A reprodución destes cnidarios tamén se ve favorecida polo aumento da temperatura do mar (causado polo cambio climático), xa que este tipo de animais prefiren augas máis cálidas para reproducirse.

Ademais, o vertido continuo de augas residuais ao mar xunto con nitratos procedentes da agricultura, favorecen a creación de fitoplancto, alimento principal das augamares. Polo tanto, sen competencia (xa que a pesca tamén elimina as especies que compiten coas augamares polo alimento) e cunha cantidade maior de nutrientes, as augamares poden alimentarse máis e mellor.

Para algúns grupos ecoloxistas, a solución a este problema está en recuperar o equilibrio do ecosistema, pasando por una diminución da emisión de gases de efecto invernadoiro, unha depuración total das augas residuais, elaborar una agricultura de menor impacto ambiental e a posta en marcha de programas pesqueiros selectivos e respectuosos coas especies

Augamares

.