As "habilidades" das plantas

Xea
6 Septembro 2011
millo

A imaxe recolle a magnifica capacidade de adaptación das plantas e a cantiga, a non menos fabulosa capacidade de observar, aprender e interpretar da xente do campo.

Hastra a folliña do millo

sabe tamén picardía

xunta o orballo da noite

para beber polo día.

A disposición das follas do millo permítenlle recoller unha gran cantidade de auga do orballo ou da chuvia que logo esbara pola cana e vai á terra xusto ao pé da raiz. E cando a terra xa está seca o pé da planta aínda conserva a humidade.