Un gran explorador

“Curiosity”, é un robot, un autentico laboratorio andante, que foi lanzado o 26 de novembro de 2011 e vai camiño de Marte.
O “Opportunity” explora Marte dende o ano 2.004 e inicia o seu noveno ano en plena forma. Dito robot é un símbolo de resistencia e enxeño tecnolóxico xa que fixo grandes descubrimentos xunto co seu xemelgo “Spirit” que non está operativo debido a imposibilidade de comunicarse con el. Este último sobreviviu tres invernos marcianos ata que os motores das súas rodas se extraviaron quedando atrapado no cráter de Troia.
O obxectivo dos robot xemelgos era atopar probas sobre a existencia de auga en Marte e dita teoría confirmouse cando se acharon depósitos que contiñan minerais de carbonato de magnesio e ferro. Durante os últimos cinco meses, “Opportunity” tivo acceso aos depósitos xeolóxicos máis antigos do planeta onde atopou sedimentos depositados por ríos.
A misión do “Opportunity” para este inverno será investigar o interior do planeta. Vai ser un obxectivo moi difícil debido a acumulación constante de po nos seus paneis solares reducindo así a enerxía que lle chega. A gran vantaxe destes vehículos é a posibilidade de movelos por diferentes zonas; nos oito anos da súa misión este robot percorreu34,4 Km.
Proximamente o “Opportunity” será remprazado por outro robot que está camiño de Marte. Este novo robot, chamado “Curiosity”, é un autentico laboratorio andante, moito maior que ditos xemelgos, incorpora tecnoloxías moi avanzadas como unha pila nuclear e a súa vida operativa será de 14 anos. Mentres tanto o “Opportunity” seguirá facendo historia.