A gran Barreira de Coral Astraliana

3 Xaneiro 2011
coral

É un gran Parque Natural de 344.800 km2 situado entre Australia e Papúa-Nova Guinea. A maior parte esténdese ata case 2.000 km ao longo das costas de Queensland e ten máis de 2.100 arrecifes e caios de coral e 540 illas continentais.

O clima é tropical con invernos secos e temperados e veráns calorosos e chuviosos. A temperatura mariña supera os20 ºC.

É un hábitat cunha rica biodiversidade: máis de 1.500 especies de peixes, 4.000 moluscos, 400 tipos de corais e numerosas especies de aves, tartarugas, mamíferos mariños, crustáceos, vermes...

Foi declarada pola Unesco como patrimonio da Humanidade en 1981 (34.870.000 ha). Unha grande parte está protexido polo Parque Manriño da Gran Barreira de Coral e

É un dos ecosistemas que está a padecer os efectos do cambio climático véndose moi afectada polo quecemento global, así como pola contaminación e a pesca indiscriminada. 

barreira arrecifes

Vista da Gran Barreira Australiana desde un satélite