Grafeno para converter luz en enerxía eléctrica

2 Maio 2013
grafeno

O grafeno, un dos materiais máis finos, flexibles, fortes e con maior condutividade que existen, está chamado a revolucionar o futuro, dende importantes cambios na industria da telefonía móbil, as telecomunicacións ou a fabricación de chips, ata a forma de elaborar diferentes fármacos contra o cancro.

A última novidade sobre este material chega dende o Instituto de Ciencias Fotónicas (IFCO) de Barcelona, quenes xunto coa colaboración de científicos de Estados Unidos, Alemania e País Vasco, demostraron que o grafeno é capaz de converter un fotón en múltiples electróns que poden conducir a corrente eléctrica.Desta maneira poderíase empregar o grafeno para deseñar dispositivos que detecten a luz de maneira máis eficiente, substituíndo á actual tecnoloxía solar baseada en semiconductores convencionais como o silicio.

O experimento consistiu en mandar un determinado número de fotóns a diferentes enerxías sobre unha capa de grafeno. Nel observouse que os fotóns de alta enerxía inducen un maior número de electróns excitados que os fotóns de baixa enerxía.En ambos casos o número de fotóns excitados sempre era maior que o número de fotóns mandados.

Esta relación móstranos que o grafeno converte a luz en electricidade con unha eficacia moi alta . Ata agora especulábase que este material posuía un gran potencial para converter luz en electricidade, pero con esto comprobouse que é incluso mellor do esperado.

Os expertos do IFCO predín que o grafeno producirá nos próximos anos un cambio revolucionario tal como se produciu cos plásticos no século pasado.