Golfiños na proa

Exposicións sobre os mamíferos mariños
5 Maio 2013
expo mamíferos

No noso intituto fanse unha gran variedade de exposicións. Esta vez montamos unha sobre os mamíferos mariños.

Na exposición podemos ver uns grandes paneis que nos ofrecen información das características e da vida destes animais. Tamén hai pezas dos esqueletos, entre as que destaca o gran cráneo dunha balea.

Pensamos que estas exposicións ensínnanos moito. O que máis nos chamou a atención foi o cráneo da balea. Algúns retratámonos cos osos na man para comparar o seu tamaño co noso corpo.

A exposición realizada pola CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) inclúe unha ampla información sobre os cetáceos das nosas augas, as principais especies e as súas características, os problemas e a actividade que desenvolve a asociación para protexelos.

A colección de ósos e outros materiais foi cedida polo Colectivo Ecoloxista do Salnés e algúns son do propio centro.

Complétase cuns murais elaborados por alumnos e alumnas de 1º de ESO de cursos anteriores onde aparecen outros mamíferos actuais (focas, manatís, lontras, osos) e extinguidos.