Galicia suspende na conservación das súas rías
Un dos factores máis destacables é o verquido de augas residuais no mar. Existen aproximadamente 453 puntos de verquidos nos cales rexistráronse substancias contaminantes, dende augas fecais ata substancias químicas procedentes da industria. A maioría destes focos de contaminación están rexistrados na ría de Arousa e na ría de Vigo.
A pesar da lei aprobada no 2005 que esixía que as poboacións de máis de 2000 habitantes tivesen un sistema de depuración de augas, o 57% dos puntos de verquidos galegos presentan residuos sen depurar.
Esta situación chega a extremos impensables como é o caso acontecido na Ría do Burgo (A Coruña) onde os verquidos prolongados durante un largo período de tempo provocaron o depósito de grandes cantidades de lodo. Este lodo fai imposible camiñar sobre a auga cando está a marea baixa nalgúns puntos onde pode chegar a existir uns dous metros de lodo aproximadamente. Estes lodos chegaron a supoñer a morte dun mariñeiro da zona que quedou atrapado nesa lameira morrendo afogado. Esta ría, non só é perigosa para os mariñeiros e mariscadoras senón que o seus espazos produtivos diminuíron dende un 85% a un 20% en só tres décadas polo que se perdeu unha importante fonte de ingresos.
Outra das consecuencias deste deterioro das rías pola masiva contaminación é a redución da produción de marisco e de peixe que se traduce nunha diminución da fauna mariña das rías por mor da destrución de ecosistemas acentuada , á súa vez ,pola sobrexplotación deses recursos.
Esta situación de contaminación nas rías galegas foi denunciada en numerosas ocasións por asociacións ecolóxicas e institucións políticas, ata que se deu a voz de alarma na Unión Europea e se produciu o mandato de eurodeputados a Galicia a comprobar e analizar o estado das rías.
A análise levado a cabo polos delegados enviados pola UE declarou o pésimo estado das rías galegas esixindo, como consecuencia, ao goberno autonómico galego medidas para frear este deterioro da maior riqueza ecolóxica e paixasística de Galicia. De non se mellorar a situación, o goberno tería que pagar unha multa económica bastante elevada.
É, polo tanto, responsabilidade de todos concienciarse e promover o freo desta situación evitando non só perdas económicas polo deterioro da produtividade, senón para evitar a perda dun importante elemento identitario do litoral galego.