A gaita galega

6 Xuño 2011
Xesteira

Na clase de física e na de música imos a adicar un tempo ao estudo dos instrumentos musicais para tentar explicar como se producen os son ao manexar distintos materiais e regular a intensidade con se se golpean, rozan, rascan... como influén as caixas de resonancia ou a circulación do aire por distintos tubos e orificios.

Comezamos coa gaita, o instrumeno tradicional galego máis representativo, e facémolo da man dun músico cambadés destacado, Xaquín Xesteira, que nos explica o seu funcionamento

A gaita é un instrumento tradicional de vento que consiste nun tubo preformado (punteiro), provisto de caña e insertado dentro dun fol (xeralmente de pel de cabra), que é a reserva do aire.

gaita

O aire entra no fol a través dun segundo tubo, que ten unha válvula que impide a saída de aire provisto polos pulmóns do gaitero. Éste comprime co seu brazo o fol para manter a saída do aire con son (tempeiro).

Non se sabe exactamente cándo apareceu a gaita, ainda que se conservan pinturas e grabados do Antigo Exipto nas que se representan a músicos tocando un instrumento semellante. Os antigos gregos coñecían a gaita e, entre os antigos romanos a gaita era o instrumento da infantería.

Hai moitos tipos de gaitas repartidas por todo o mundo: península de Escandinavia, Illas Británicas, países Baixos, Francia, Italia, Balcáns, norte de África Turquía, Oriente Medio. Tócase en moitos lugares da Península Ibérica con diferentes tipoloxías, especialmente en Galicia, León, Asturias, Aragón e Mallorca.

See video