Futuro reciclable
Os tempos cambian, segundo se mire para mellor ou para peor, pero no ámbito das industrias este cambio é dirixido cara un futuro máis verde e menos perigoso para o medio ambiente, onde se pode apreciar que a reciclaxe se expande fóra do ámbito doméstico e acada un gran protagonismo en diversas áreas como é o caso da industria da automoción, entre outras.
Ademáis da mellora da eficiencia dos automóviles, tamén se está a mellorar a reciclabilidade dos mesmos, que xoga un papel fundamental e que conta con maior protagonismo cada vez debido ás novas leis para a redución de residuos, a protección da natureza e a protección dos recursos naturais. Á hora de deseñar un novo veículo ademáis de ter en conta factores como son a súa estética ou aerodinámica, tamén se ten en conta o aproveitamento dos materias empregados na construcción do automóvil ao final da súa vida útil. Esta preocupación pola reciclaxe ademáis de protexer o planeta tamén se ve impulsada pola normativa Europea 2000/53 do 18 de setembro do 2000, os peares desta normativa son limitar a produción de resíduos, o que se traduce en empregar o menor número de substancias perigosas posible para facilitar así a posterior reciclaxe e fomentar o emprego de materiais reciclados, organizar a recollida de residuos en centros especializados e acondicionados para tal fin, organizar o tratamento dos residuos eliminando primeiro as substancias nocivas para o medioambiente do vehículo antes de sometelo a calquer outro proceso, propiciar a reutilización e a valorización dos residuos.
A porcentaxe de reutilización e valorización debe acadar (expresada como peso medio por veículo e ano): o 85% a máis tardar a partir do 1 de xaneiro do 2006; o 95% a máis tardar a partir do 1 de xaneiro do 2015.
A porcentaxe de reutilización e reciclaxe debe acadar (peso medio por vehículo e ano): o 80% a máis tardar a partir do 1 de xaneiro do 2006; o 85% a máis tardar a partir do 1 de xaneiro do 2015, facilitar a desmontaxe grazas á información sobre compoñentes e materiais empregando as normas de codificación de materiais, avaliar os progresos realizados grazas aos informes sobre a aplicación recollidos.
Aínda que os materias reciclados teñen unha calidade inferior a dos materiais virxes pódense empregar para outros fins distintos á automoción, por exemplo, cos cristais dos coches unha vez reciclados pódense fabricar botellas de vidro, os plásticos tamén se degradan en cada proceso de reciclaxe e acaban sendo no final da súa vida útil bolsas para o lixo e os metáis que non se degradan empréganse para a construcción de novos chases e partes da carrocería de novos automóviles.
Entre todos, un mundo máis respectuoso co medio é posible.