Como funciona. Muíño de Marea
Un muíño de marea funciona case igual que un hidráulico de río. Unha corrente de auga move unha roda hidráulica (rodicio) conectada á moa por medio dun eixo. A moa xira sobre o pé e tritura o gran para facer fariña. Os muíños de marea aproveitan a enerxía cinética que produce a auga retida nun encoro ao sai por unha canle.
En preamar, a marea sube e enche un encoro, na baixamar, péchanse as comportas e a auga queda retida.
Para que o muíño funcione, ábrese unha comporta e a auga vese obrigada a saír por aí como un chorro a presión, pasa por debaixo do muíño (inferno), facendo xirar os rodicios. Cando o nivel da auga na presa non teña a presión suficiente para mover o muíño,despois de seis horas aproximadamente, volve a preamar, enchese de novo o encoro e volve a facer o mesmo percorrido. E así sucesivamente.
En Galicia danse condicións naturais para o aproveitamento enerxético das mareas xa que teñen un desnivel medio de 3 m e a costa recortada ofrece abundantes esteiros e enseadas. Coñecense un total de 14 muíños e considérase probable a existencia de dous máis.