Como funciona: forno microondas

1 Xuño 2013
microondas

O forno microondas baséase no magnetrón, un dispositivo que transforma a enerxía eléctrica en enerxía electromagnética en forma de microonda.

As microondas son ondas electromagnéticas como as da radio, pero a súa lonxitude de onda é moito máis baixa.

A auga, graxas e outras substancias presentes nos alimentos absorben a enerxía das microondas nun proceso chamado quecemento dieléctrico. Moitas moléculas (como as da auga) son dipolos eléctricos, o que significa que teñen unha carga positiva parcial nun extremo e unha carga negativa parcial no outro, polo tanto xiran no seu intento de aliñarse cun campo eléctrico alterno das microondas. Ó rotar, as moléculas chocan unhas con outras, dispersando así a enerxía.

As microondas axitan as moléculas de auga, facendo que se movan dun lado a outro rotando a unha velocidade duns 2.400 millóns de veces por segundo. É dicir, esta radiación magnética ten a frecuencia adecuada para excitar as moléculas de auga forzándoas a moverse. O resto de moléculas non experimentan ningunha excitación pero tamén se poñen en movemento acompañando as moléculas de auga. Este movemento molecular libera enerxía en forma de calor que é o que quenta ou cociña o alimento.

Colocar o alimento sobre un prato ou bandexa xiratoria garante que todas as moléculas de auga serán excitadas pola radiación electromagnética, procurando un quecemento uniforme en todo o alimento. Se non sucedera así, algunhas zonas  quedarían frías en contraste con outras zonas moi quentes, ou algunhas partes do alimento quedarían sen cociñar.

microondas d