Como funciona. Central solar térmica

5 Febreiro 2013
central solar térmica-1

Como obter enerxía eléctrica empregando espellos e os raios de sol.

-A central solar térmica ten unha serie de heliostatos ou espellos que proxectan os raios solares a unha torre na que hai un recipiente cun fluído,  creando un foco de calor de alta temperatura (ata 800 ºC para a producción de vapor destinado á xeración eléctrica). Os heliostatos están controlados por un sistema informático que segue a traxectoria do sol.

-O fluído quentase e convértese en vapor.

-O vapor acciona unha turbina conectarda cun xerador eléctrico.

-O fluído é posteriormente condensado nun aerocondensador para repetir o ciclo.

-A produción de enerxía depende das horas de insolación diarias de onde esté ubicada e da cantidade e tamaño dos espellos.

España é o líder actual nesta tecnoloxía

A plataforma solar PS-20 de Sanlúcar (Sevilla) é a central solar con maior potencia de Europa. Ten 1.255 espellos de 120 m2 cada un e unha torre de 165 m de altura, cunha potencia de ata 20 MW, suficiente para alimentar 10.000 vivendas, o que supón un aforro de 12.000 tn de CO2 á atmosfera.

A máis grande do mundo estase a construír en Tonopah (Nevada-Estados Unidos). Ten unha torre de 165 m de altura e e máis de 10.000 espellos. Producirá 110 MW (enerxía eléctricada para 75.000 vivendas) e ademais será a primeira en contar cun sistema de almacenamento de enerxía por sales.

central solar térmica