Frío mortal

2 Marzo 2012
frío

Os últimos días de xaneiro e as primeiras semanas de febreiro Europa e parte de España estiveron sometidas a unha forte vaga de frío polar que ocasionou temperaturas moi baixas, 480 mortos e importantes danos.

Os países máis afectados foron Ucrania, Polonia, Bulgaria, Rumanía, República Chaca, Lituania, Letonia, Estonia, Eslovaquia e Italia. Ademais dos mortos, xeralmente por hipotermia, houbo cortes de enerxía eléctrica, peche de aeroportos cidades e pobos incomunicados, escolas pechadas...

Estas condicións foron producidas por un sistema de altas presións situado no oeste de Rusia que provocou a circulación de aire polar cara ao centro e sudeste de Europa, chegando a nevar nas praias do Mediterráneo e norte de África. En España afectou sobre todo a Cataluña e Baleares e a zona norte.

En Galicia a temperatura máis baixa rexistrouse en Calvos de Randín (Ourense) o día 4 de febreiro (-13 ºC).

frío mapa