Flor do Deserto

No día Mundial da Muller, un exemplo de loita pola dignidade feminina
10 Marzo 2013
Waris Dirie

Foto de Terence Donovan para a portada do calendario Pirelli de 1987

No Día Mundial da Muller quero facerlle unha homenaxe a través desta revista para dar a coñecer o seu traballo e o seu sufrimento, moi representativo de millóns de mulleres de todo o mundo que están sometidas a prácticas inhumanas que poñen en perigo a súa vida e a súa saúde física e psicolóxica e eliminan a súa dignidade como mulleres, negándolles o dereito a elexir sobre a súa sexualidade e converténdoas nun mero obxecto de pracer para os homes que só ven nelas un elemento procreador sobre o que exercer o poder.

Waris Dirie naceu en 1965 en Somalia, nunha familia nómada musulmana. Sufriu a mutilación xenital cando tiña tres anos e aos trece foi entregada a un home maior nun matrimonio amañado que ela rexeitaba o que a empuxou a fuxir e cruzar o país a través do deserto con grandes penalidades conseguindo chegar a Mogadiscio onde viviu cuns familiares. En 1981 trasládase a Londres onde traballa de criada cunha tía na embaixada de Somalia. Cando os seus tíos tiveron que abandoar Londres a causa da gurerra civil de Somalia queda en Londres e vive na rúa. Máis adiante, con 18 anos, traballa na limpeza nun bar onde, por casualidade, chama a atención do fotógrafo inglés Terence Donovan quen a fotografou xunto coa naquel momento descoñecida Noemí Campbell para a portada do calendario Pirelli de 1987. Traballou para Vogue, Chanel, L’Oreal, Revlon, Versace, Cartier, Levi’s…

En 1987 aparece na película Alta Tensión (James Bond).

Desfila nas pasarelas de moda de Londres, Milán, París e Nova Iork.

En 1995 a BBC realiza un documental sobre a súa vida “Unha nómada en Nova Iork”.

En 1997, no cume da súa carreira como modelo, nunha entrevista con Laura Ziv, da revista Marie Claire, fala por primeira vez sobre a súa mutilación xenital, chamando a atención dos medios de comunicación de todo o mundo. Foi nomeada embaxadora especial da ONU contra a Mutilación Xenital Feminina (MGF), do que se ocupou entre 1997 e 2003.

Viaxa a África a visitar á súa familia en 1997 e 2000.

Waris Dirie-t

Publica varios libros. O primeiro foi Flor do Deserto que contribúe a dar a coñecer en todo o mundo a problemática da mutilación feminina. Máis tarde publica Mencer no deserto (2001), polo que recibe, xunto con Paulo Coelho o premio Corine Award, polo libro máis vendido do ano 2002. En 2005 publica Nenas do Deserto, para o que realiza unha investigación nas principais cidades europeas sobre a mutilación xenital en comunidades africanas. En 2007 publica Cartas á miña nai, un novo éxito de ventas.

En xuño de 1985 abre a conferencia mundial contra a MGF de Nairobi onde da a coñecer por primeira vez o Waris Dirie Manifesto contra a MGF

En marzo de 2000 recibe a nacionalidade austríaca.

Waris Dirie1

En 2002, descontenta co traballo na ONU (1), fundou a Fundación Waris Dirie, con sede en Austria (Viena), para loitar contra a MGF e axudar ás víctimas.

En 2006 falou en Bruselas con todos os ministros dos estados membros da Unión Europea conseguindo que en numerosos países de Europa se introducisen medidas contra a mutilación e a prevención da mesma

En 2007 colabora con Scotland Yard e a BBC de Inglaterra nunha campaña contra a MGF. Tamén intervén, diante dunha audiencia de máis de 100 millóns de persoas, na cadea da televisón árabe Al Jazeera, en contra da Mutilación feminina.

En abril de 2008 comenzóu a rodaxe da película baseada no seu libro Flor do Deserto, onde o seu papel é interpretado pola modelo etíope Liya Kebede.

En 2009, Waris colabora na fundación  PPR Foundation for Women’s Dignity and Rights, para recaudar fondos para escolas e clínicas en Somalia.

 

PREMIOS E DISTINCIÓNS:

-1998 as lectoras americanas da revista Glamour Magazine elíxena como Muller do Ano.

Waris Dirie2

-1998 recibe o premio África do goberno alemán polo seu traballo a prol dos dereitos das mulleres africanas.

-2002: premio Corine por Mencer no Desierto

-2004 Mijail Gorbachov entrégalle o premio Women's World Award creado ese mesmo ano. O  presidente da República de Austria, Heinz Fischer  entrégalle o  premio Arzobispo-Oscar-Romero.

-2007: O presidente francés, Nicolás Sarkozy entrégalle a distinción de Chevalier de la Légion d'Honneur pola súa loita en prol dos dereitos das mulleres. O Parlamento Suízo distínguea co Prix des Générations da World Demographic Association

-2008: premio Martin-Buber-Plakette der Stichting Euriade en Holanda.

 

(1)"Non creo que ninguén alí queira facer nada por cambiar a situación da muller. Comezou a parecerme unha perda de tempo. Non me gustan as charlas, as reunións, gústame a acción. Por iso fundei a miña organización coa que irei a todos os recunchos do Planeta. Cando comecei dicíanme que non o conseguiría, que é unha tradición de hai miles de anos. Agora, ata no poboado máis diminuto de Somalia, hai mulleres que se opoñen. Como a miña nai, entenden que estou facendo o que nion ela nin a miña avoa puideron facer por min”…

Video (da película Flor do Deserto). Discurso nas nación Unidas