Por fin comeza a descender o nivel de cianobacterias no Umia

3 Decembro 2010
Cianobacterias-1

Desde a construción do encoro de A Baxe, no río Umia en Caldas de Reis, todos os veráns se repite un grave problema ambiental e para a saúde pública, a invasión da cianobacteria tóxica Microcistes aeruginosa, que produce micocistina, unha toxina de efectos acumulativos moi perigosa para as persoas (ataca o fígado e causa problemas intestinais e neurolóxicos, ademais de provocar graves efectos sobre a flora e a fauna). Esta toxina supera os filtros das depuradoras e permanece na auga despois de morrer as cianobacterias.

Este ano a situación foi aínda máis grave que as anteriores pola alta concentración acadada e o tempo que durou o problema que se estendeu rio abaixo o que deu lugar a unha grave situación de risco para a saúde e un problema engadido de gasto para paliar o problema e subministrar auga ás poboacións afectadas.

Lembremos que o encoro do Umia foi inaugurado en1998 coa desculpa de que ía ser para subministro de augas ás poboacións do Salnés (ata agora non se fixo ningunha), que ía previr as enchentas (falso, porque as segue habendo) e que se crearía unha área lúdica-deportiva (silveiras e lixo). Só serviu para producir enerxía eléctrica unha empresa privada. O que si está a provocar é a morte do río con todos os efectos paisaxísticos, ambientais e económicos (turismo, pesca, marisqueo...)

Despois de varios meses de contaminación

 

Que son as cianobacterias?

O nome das cionobacterias ven do grego κυανός, kyanós, "azul". Son bacterias capaces de realizar fostosíntese osixénica. Tamén se coñecen como oxifotobacterias. Antes clasificábanse como algas (cianofitas=algas azuis). As análises xenéticas recentes sitúanas entre as bacterias gramnegativas, uns organismos unicelulares, grandes en comparación con outras bacterias. A maioría teñen forma de coco (esférica) e ás veces aparecen agregadas nunha cápsula mucilaxinosa ou formando filamentos que ás veces se ramifican.

Son os únicos procariotas capaces de facer a fotosíntese. A maioría son fotosintéticas pero algunhas son descompoñedoras ou teñen un metabolismos mixto. Tamén poden fixar nitróxeno atmosférico.

Algunhas cianobacterias producen toxinas que envelenas a auga e aos animais que viven nela. O fenómeno resulta grave cando hai unha floración (unha explosión demográfica importante), xeralmente a causa do aumento da temperatura e a abundancia de nutrintes, sobre todo fósforo (eutrofización das augas).

cianobacterias