Por fin chove!!

2 Novembro 2011
chuvia
Despois de mes e medio sen cair unha pinga, o 19 de outubro empezou a chover, aínda que non foi moita cantidade (no noso centro recolléronse 16 l/m2), e á vez descenderon as temperaturas. O día 23 houbo unha alerta amarela en Galicia por temporal e comezou a nevar nas zonas de montaña. Houbo rachas de vento de ata 125,8 km/h en Vimianzo. Caeron árbores, houbo inundacións, romperon tellados e muros, houbo cortes de tráfico... En Cuntis o día 24 rexistráronse ventos de 140 km/h e nalgúns lugare, como Mos, recolléronse 132,6 l/m2 de chuvia. O día 26 oubo un novo temporal, a borrasca “Nils”, con inundacións e alerta en toda Galicia. Os barcos non saíron a traballar. No Grove o temporal inundou as rúas e rompeu o paseo marítimo. O día 27, de novo en Mos, recolléronse 167,6 l/m2 e nos aparellos do noso centro 50 l/m2. Pero esta chuvia aínda non chegou a nada. Os encoros seguen secos e falta moito para que se enchan despois do ano tan seco que houbo.