Fervenzas do río Cerves

Feixas das Mestas e Tourón
Xea
4 Xaneiro 2012
Cerves1

Propoñemos unha ruta no concello de Melón (Ourense) para visitar as numerosas fervenzas do río Cerves, chamadas “feixas” na zona.

O río Cerves, afluente do Miño, nun percorrido de16 km, salva un desnivel de máis de1.000 mnun terreo rochoso con numerosas fracturas polas que tanto o río, como os seus afluentes se precipitan formando sucesións de “feixas”, rápidos e pozas.

 

Distancia:5 km(ida e volta)

Dificultade: media

Duración: 2 horas

Nun tramo de2,5 kmpodemos ver unha variada mostra de rápidos, escorregadeiras, saltos e pozas. As máis espectaculares son as das Mestas (Augas Altas) e as de Tourón.

COMO CHEGAR:

Na estrada de Melón a Ourense, xusto antes de cruzar o río Cerves, un pouco antes do acceso á autovía, atópase á esquerda un aparcamento no que hai un bar e onde comeza a “Ruta das Pozas”, sinalizada. Tamén se pode acceder con veículo á metade da ruta pola estrada que vai de Melón ás Mestas, ou aos saltos de Tourón.

Cerves