As fervenzas do Iguazú

3 Abril 2012
Iguazú

Estas fermosas fervenzas están situadas na fronteira entre Arxentina e Brasil, e a 13 km de Paraguai.

Visitei Iguazú en dúas ocasións; a primeira no ano 1999, cando era moi pequena, e a segunda no ano 2006. Ar azón das visitas é que teño familia en Bos Aires (Arxentina) e Iguazú queda relativamente preto da capital arxentina (entre 8 e 12 horas de viaxe en bus).

O último tramo de aproximación para visitar as fervenzas debe facerse a pé, atravesando parte da selva. Tamén pode chegarse facendo un percorrido polo río en barco que te leva xusto debaixo das fervenzas. Unha vez alí o parque natural visítase facendo itinerarios a pé pola selva que te levan a distintos rincóns deste espazo. Tamén podes gozar de vistas espectaculares desde as pasarelas de madeira que se introducen no mesmo río.

A paraxe é impresionante, hai mil detalles que ver a parte das fervenzas: loros, froitas exóticas, bolboretas xigantes...; eu volvería encantada a repetir esta visita; é un lugar dunha beleza natural espectacular.

A única parte negativa é que nas proximidades do parque hai tribus de indíxenas pobres que se atopan mendigando en diversos lugares, o que contrasta co ambiente turístico do lugar. Penso que esta situación é criticable e que había que destinar unha  parte dos beneficios económicos que reportan as visitas  para que os indíxenas locais obteñan o seus beneficios e poidan levar unha vida digna.