Fertilizante único

3 Febreiro 2012
Cíes

A Universidade de Santiago promoveu un estudo innovador no parque nacional das Illas Atlánticas.

Nel estudase as diversas fontes de entrada de novos elementos ao ecosistema, tamén se analiza a biodispoñibilidade dos novos elementos e a súa acumulación.

Nas Illas Cíes e Ons atopamos comunidades vexetais únicas no mundo como o son: o Caléndulo- Parietarietum judaicae e o Cocheario-Matriecarietum.

As especies vexetais destas comunidades manteñen unha relación directa coas gaivotas patiamarelas, mediante excrementos destas así como plumas e crías mortas que axudan a aparición das comunidades vexetais. Nas illas nomeadas atopamos a maior colonia de gaivotas patiamarelas do mundo, só na illa de Cíes habitan 18.500 parellas reprodutoras. Estas achéganlle nutrientes como o nitróxeno e fósforo ao chan que en certo modo benefician a especies vexetais raras ou ameazadas pero altera as condicións naturais do ambiente e a fertilidade do solo. Nos seus excrementos tamén se atopan elevadas cantidades de metais pesados como o mercurio, cadmio e o cobalto que enriquecen o chan. No caso do cobalto sospeitase que este podería axudar a sintetizar a vitamina B12 que axudará a aumentar a riqueza produtiva.