Fada do mar

7 Abril 2013
fada mar nenos

Un anaco dunha obra de Ramón Cabanillas adicada ao mar. Forma parte dunha pequena obra de teatro en verso que se representou en Cambados, no edificio da Xuventude, no ano 1944.

Eu son a Fada que vive

nas encantadas ribeiras

onde as ondas pracenteiras

fada mar mon

veñen a bicar os cons;

e nas dornas bailadoras,

mar adiante, terra ó lexos,

ouín latexar os rexos

mariñeiros corazóns.

Eu sei dos peixes que brincan

por riba da ágoa tranquía,

cando a fire ó mediodía,

roxa ardentía de sol;

e sei do bogar na calma

das noites de vran sereas

cando xoga nas areas

o vento tépedo e mol.

Rei dos Ceos e da Terra,

nos dourados areales

collín cunchas e corales

do mellor que neles hai;

un rosario fixen deles

e ofrecelo veño agora

ós pés de Nosa Señora

que é Nai túa e Nosa Nai.

Señor, cando o mar se erga

entre o fervor das escumas

e nas neboentas brumas

oubée o leste traidor,

Señor, acalma a tormenta

e ós que loitan mar afora

dalles unha boa hora,

trainos a porto, Señor!