Facendo mesturas

2 Marzo 2012
mesturas

A maior parte da materia que nos rodea está formada pola mestura de varias substancias: na natureza, na rúa, na casa, nas cociñaa, na industria...

Cando teñen aspecto máis ou menos uniforme decimos que son homoxéneas ou disolucións, e cando se distinguen as substancias que as forman, heteroxéneas.

No laboratorio de ciencias fixemos experimentos en grupos para observar o que pasaba ao xuntar distintas substancias e logo tivemos que volvelas a separar. Logo buscamos información e fixemos fotos. Co resultado do traballo fixemos esta presentación