Facemos filloas e tortiñas
Un grupo de 1º de ESO C aproveitamos as clases de química para facer un traballo práctico de química á vez que divertido e nutritivo. Imos a elaborar dúas receitas moi semellantes, unha con lévedo e outra sen el, para observar o efecto dos lévedos sobre a masa.
Empregaremos un lévedo químico que ten un efecto rápido e visible.
O lévedo químico é unha substancia que produce unha reacción química que libera dióxido de carbono e dalle volume á masa. Xeralmente están formados por unha mestura dun ácido (cítrico, tartárico) e bicarbonato e co efecto da calor procuden gran cantidade de gas que deixa nas tortiñas buratos visibles e fai que inchen.
TORTIÑAS
Ingredientes: 600 gramos de fariña, 1 culler pequena de sal, 2 sobres de lévedo en pó, 3 vasos de leite, 3 culleres de azucre, un chorriño de aceite, 6 ovos, manteiga.
Elaboración
-Mesturar a fariña o sal e o lévedo
-Bater os ovos co leite, o azucre e o aceite e engadir os outros elementos
-Untar un pouco a sartén con manteiga e facer as tortas
-Servir acompañadas de chocolate, mel, crema...
FILLOAS
Ingredientes: 600 gramos de fariña, 1 culler pequena de sal, 6 vasos de leite, 3 culleres de azucre, 6 ovos.
Elaboración
-Mesturar todos os ingredientes e bater ben
-Untar un pouco a sartén con touciño ou manteiga e facer as filloas
-Servir con azucre, mel, chocolate, crema...
Composición do lévedo químico (Royal):
-Gasificantes: bicarbonato sódico, difosfato disódico.
-Fariña de arroz
-Estabilizador: fosfato monocálcico