Extraordinariamente seco
Despois de que, en numerosos puntos da Península se acaden cifras de 44 días consecutivos sen chover, a Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET), comunicou, que este está a ser o inverno máis seco dende os anos 40.
Xa o ano pasado non se caracterizou por ter un inverno demasiado chuvioso, mais o 2012 deixaba máis esperanzas. Aínda así, no trimestre decembro-febreiro soamente se recolleron58 litrospor metro cadrado, cando o normal serían 333 litros. A pesar das choivas dos meses de outubro e novembro, en exceso e máis do normal, no que vai de ano hidrolóxico acádase un déficit do 41%.
Esto confirma que España está inmersa nunha seca meteorolóxica grande, e que é preocupante debido á falta de choiva e ás predicións climatolóxicas, que non confirman precipiacións proximamente.
Dadas as escasas cantidades acumuladas, ata o 25% do esperado en todo o período invernal, as esperanzas recaen nas choivas primaverais de marzo e abril. Aínda así, e que este tema preocupe a, relativamente, pouco porcentaxe da sociedade, debido aos nosos gustos polo clima estival, non debemos esquecer que este é unha demostración máis do cambio climático, de que está ahí, e que debemos poñer da nosa parte para combatelo.