Extracción ou destrución

2 Maio 2013
Fract hidraúlica

O Fraking é unha técnica para posibilitar ou aumentar a extracción de gas e petróleo do subsolo. Consiste na inxección a presión dalgún material no terreo, co obxectivo de ampliar as fracturas existentes no substrato rochoso que encerra o gas ou o petróleo, e favorecendo así a súa saída cara o exterior. Habitualmente o material inxectado é auga con area e produtos químicos, aínda que ocasionalmente pode empregarse escumas ou gases.
As inxeccións no subsolo para favorecer a extracción de petróleo remóntanse ao 1860, na costa este norteamericana, empregando por aquel entón nitroglicerina. En 1930 empezaron a utilizarse ácidos en lugar de materiais explosivos, pero é en 1947 cando se estudia por primeira vez a posibilidade de utilizar auga. Este método empezou a aplicarse industrialmente en 1949 pola empresa Stanolind Oil. Xunto coa auga inclúese unha certa cantidade de area para evitar que as fracturas se pechen ó deterse o bombeo, e tamén se engade en torno a un 1% de aditivos, 4 compostos por ata 500 produtos químicos, cuxa función é potenciar a efectividade da fractura. Sen embargo non é ata o ano 2002 cando se combina o uso da auga tratada con aditivos que reducen a fricción coa perforación horizontal e a fractura en múltiples etapas.

Esta técnica ten graves repercusións sobre o medio ambiente:
1) Emisión á atmosfera de contaminantes, a contaminación de augas subterráneas debido ós fluxos incontrolados de gas ou fluídos causados por erupcións ou derrames, a fuga de fluídos de fracturación e o vertido incontrolado de augas residuais.
2) As experiencias realizadas nos Estados Unidos mostran que se producen numerosos accidentes que poden danar o medio ambiente e a saúde humana.
3) Entre un 1 e un 2 % dos permisos de perforación violan as obrigas legais.

http://www.gaslandthemovie.com/whats-fracking

.