Exposición "Auga que corre"
Dentro das actividades que se fixeron este ano para a semana da ciencia, a un grupo de 2º de ESO tocounos montar unha exposición que resumise a importancia da auga dóce, en especial os ríos, como fonte de vida e traballo.
Primeiro recortamos uns grandes números en porespán. Logo escollemos o tema e as fotos para cada número buscándoas en revistas, periódicos, internet…
2: + auga: lugares nos que a auga é abundante: ríos, lagos, humidais…
0: - auga: lugares nos que a auga escasea: desertos, lugares áridos, ríos e lagos secos…
1: usos da auga: bebida, aseo, limpeza, enerxía, navegación, lecer…
2:abusos: contaminación, sobreexplotación de acuíferos, desperdicio…
Fumos cubrindo os números distribuíndo e pegando as fotos de xeito organizado e estético e logo pegámolos nas portas do salón de actos.
A continuación fixemor un río con tiras de papel azul e recortamos tiras estreitas de papel branco no que fumos escribindo frases interesantes de distintos temas relacionados coa auga.
Aquí vos vai un video co proceso.