Exposición sobre a biodiversidade

3 Decembro 2010
Semana Ciencia-2010-

Os grupos de primeiro de ESO fixemos unha exposición sobre a biodiversidade. Formamos grupos e cada un escolleu unha letra da palabra biodiversidade que estaba adicada a un tema. Buscamos información en libros e Internet e logo montamos os murais con fotos e textos destacados sobre diferentes temas: ambientes, animais, plantas, bacterias, algas, protozoos...

Os de segundo fixeron un traballo sobre as cadeas alimenticias e a biodiversidade no Instituto, cun estudo especial do estanque.

Ademais das exposicións varios profesores fixeron obradoiros polos que íamos pasando por turnos os diferentes cursos. Nunha mesa Berta ou Rosa facían experimentos de química. Na outra Víctor explicaba a evolución e a diversidade dos Artrópodos.

A exposición foi visitada por moitos grupos do noso centro e por alumnado de primaria de Vilariño e San Tomé. Os alumnos e alumnas de 1º B fixeron de guías cos pequenos.

A televisión e os periódicos viñeron a facernos unha reportaxe. Foi moi divertido e aprendemos moito.