Experimentamos coa auga: a densidade
2 Xuño 2013
No noso equipo fixemos varios experimentos para observar a densidade da auga e comparala con outras substancias.
Primeiro calculamos a densidade da auga dóce, da auga do mar e do xeo.
Logo fixemos un experimento para averiguar se diferentes materiais e substancias eran máis densas ou máis lixeiras que a auga. Para iso observamos se se afundían ou aboiaban na auga. Probamos con xofre, cinc, aceite, alcohol, cortiza, papel, serrín, talco, area (fina e grosa), cera… e fumos comprobando o que pasaba con cada unha.
Aboiaban (menos densas que a auga): xofre, aceite, cortiza, papel (ata que se mollaba), serrín, talco e cera.
Afundían (máis densas que a auga): cinc e area.