A expansión acelerada do Universo

Un estudo dos Premios Nobel de Física 2011
6 Septembro 2012
supernova

Supernova

Os astrónomos estadounidenses Saul Perlmutter, Brian P. Schmidt e Adam G. Riess foron galardoados co Premio Nobel de Física polos seus estudos sobre o descubrimento da expansión acelerada do Universo a través da observación de supernovas distantes.

As observacións dun grupo de supernovas e o análise da luz emitida por elas,  permitíulles demostrar que o Universo medra de maneira acelerada, e non cada vez máis amodo, como se cría.

Os investigadores estudaron cincuenta supernovas, as cales resultaron ter unha luminosidade máis débil da esperada segundo os modelos teóricos, e por algunha razón parecía que estaban máis lonxe do esperado. A explicación máis razoable era que a expansión do universo estábase acelerando.

-Saul Perlmutter naceu en 1959 en EEUU e actualmente dirixe o Proxecto Cosmolóxico Supernova, na Universidade de Berkeley.

-Brian P. Schmidt naceu en 1957 en EEUU, pero tamén ten a nacionalidade australiana. É profesor na Universidade Nacional de Australia.

-Adam G. Riess naceu en 1969 en Washington e é profesor de astronomía e física na Universidade de Baltimore. 

PN física