Exoplanetas habitables

3 Febreiro 2012
Universo1

Nos últimos anos, moitos investigadores buscan exoplanetas (planetas fóra do Sistema Solar) similares á Terra e, polo tanto, que poidan acoller vida. Ata a actualidade, os exoplanetas con máis posibilidades de acoller vida son os seguintes: Gliese581C, Gliese 581D, Gliese 581G e HD85512B. Os tres primeiros pertencen ó mesmo sistema (Gliese 581) e orbitan arredor dunha anana vermella, unha estrela pequena e fría.

Gliese 581C

No 2007 o equipo de astrónomos do observatorio de Chile descubriu este exoplaneta a 2,5 anos luz da Terra. Este planeta ten sempre unha cara iluminada e a outra non, polo que o mellor lugar para a existencia de vida é o límite entre a luz e a escuridade.  Tamén se comprobou que cabe a posibilidade de que exista auga na súa superficie, xa que este planeta está a unha distancia correcta da súa estrela nai, incluso poden chegar a formarse grandes océanos tan grandes como os da Terra.

Un ano despois do descubrimento deste exoplaneta, científicos ucraínos enviaron alí varias mensaxes con gráficos e imaxes para comprobar se existe algunha forma de vida que poida interpretalas. Estas mensaxes chegarán ó planeta en 2029.

Gliese 581D

Este planeta está a vinte anos luz da Terra e a luz que recibe da anana equivale a un 30% do que recibe a Terra do Sol, polo que é un planeta demasiado frío para manter auga no estado líquido. A dispoñibilidade dun medio líquido é o principal criterio para que un planeta poida acoller vida, polo que nun principio a vida neste planeta non sería posible.

Pero un efecto invernadoiro suficientemente grande podería aumentar a temperatura media e xerar as condicións atmosféricas para poder ter auga líquida. Por exemplo, a temperatura na Terra sería duns-18ºCse non houbese ningún gas de tipo invernadoiro.

Pero esta posibilidade só foi probada en modelos matemáticos do planeta, e non é posible facer as observacións que as confirmen ou neguen coa tecnoloxía actual.

Gliese 581G

Este planeta descubriuse no 2010 e ten unhas características moi similares ás dos Gliese581Cpara que poida albergar vida. A distancia da súa estrela nai é a axeitada para que haxa auga; é un planeta que ten gravidade e no que unha cara está sempre a escuras mentres que a outra non.

HD85512B

O HD85521B está a 36 anos luz da Terra. Orbita a estrela co mesmo nome, unha anana laranxa que é máis fría có Sol. O planeta está a unha distancia xusta da súa estrela, unha distancia un pouco máis longa cá que hai dende o Sol ata Venus.

Se o planeta tivese unha atmosfera parecida á da Terra, bastaría con que estivese un 50% cuberta de nubes para que fose posible a existencia de auga líquida na súa superficie (na Terra é necesario un 60%). Pero, como ocorre con Gliese 581D, só son cálculos matemáticos e non hai maneiras para comprobalo.

Kepler 22B

É o exoplaneta descuberto máis recentemente e coas primeiras investigacións comprobouse que é o máis similar á Terra, xa que a existencia de auga, as temperaturas e a atmosfera son idóneas para acoller vida. Pero de momento non se sabe nada con exactitude e todo isto son suposicións.