Exhibición de cetrería

6 Xuño 2011
cetrería

O día dez de maio vivimos unha exhibición de aves de rapina. Ensináronos distintas aves como a curuxa, o falcón, o moucho, águias...

Un home, explicounos que por só 50 euros podíamonos facer socios da Asociación Galega de Cetrería e así teríamos a posibilidade de participar nos concursos a nivel mundial.

Contounos como coidar as aves: darlle de comer unha vez ao día e só carne (pombas, ratas, pitos, lebres, coellos...). Estas aves poden aguantar sen comer ata tres semanas e case non beben. Para ter aves deste tipo teñen que ser criadas en catividade e adquiridas cos correspondentes papeis. As rapinas no seu medio natural están todas protexidas e non se poden cazar nin coller os ovos e as crías.

Despois fixeron unha demostración de voo fóra. Como non non calábamos a águia non quería baixar do poste onde estaba subida. Cando por fin quedamos en silenzo a ave voou ata o brazo do seu dono.

Ao rematar agasalláronos con adhesivos e prumas de algunhas aves.

cetrería1