Evolución xeolóxica da Península Ibérica

8 Xaneiro 2019
Península 1

Por todos é sabido que o noso territorio, xa sexa galego, portugués ou murciano, forma parte da península ibérica. Un pedazo de terra que se adentra no mar, unido ó continente por un gran istmo. Pero, por qué? Por qué somos unha península? Por qué temos ese relevo? Por qué nos estamos situados preto de África e Nova York a 5781 km?

Grazas ós científicos e ós xeólogos hoxe podemos responder esas cuestións. Para empezar a explicar a evolución do terreo temos que remontar á formación da Terra, nas primeiras etapas a península non existía só estaba emerxido o Macizo Galego. No fondo da auga fóronse depositando sedimentos que darían lugar a grandes capas de estratos. Para explicar a emersión da península e a formación do relevo dividiremos os acontecementos según a era xeolóxica na que ocorreron.

Península 2

ERA PRIMARIA (PALEOZOICO):

Neste periodo tivo lugar a orogenia Varisca, esto levou a que os estratos depositados no fondo do mar sufriran altas presións que provocaron o seu pregamento. Posteriormente emerxeron dando lugar á Meseta.

Fai entre 310—290 millóns de anos, como vemos na imaxe anterior, a península Ibérica formaba parte do centro do continente daquela época: Panxea. Pero debido ós movementos das placas tectónicas o manto litosférico daquel momento rompeu, provocando a separación dos continentes, e formouse un novo.

Península 3

ERA SECUNDARIA (MESOZOICO):

Durante esta era a erosión desgastou os relevos variscos convertíndoos en macizos ríxidos e os materiais erosionados depositáronse no fondo do mar.

 

 

Península 4

PERÍODO TERCIARIO (CENOZOICO):

Neste período, os sedimentos depositados anteriormente pregáronse como consecuencia da oroxenia alpina, dando lugar á Cordilleira Cantábrica, ós montes Vascos, ó sistema Ibérico, os Pireneos e as cordilleiras Béticas.

 

Península 5

PERÍODO CUATERNARIO (CENOZOICO): 

Nesta etapa prodúcese a erosión dos montes polos ríos e os glaciares. Rechéanse as cuncas sedimentarias e fórmanse as depresións do Ebro e do Guadalquivir. Tamén xorden as zonas chás das costas pouco profundas.

 

https://www.youtube.com/watch?v=o-NHQQBAjmc