Evidencias do cambio climático. Retroceso do glaciar Ameghino
Un glaciar Arxentino situado no Parque dos Glaciares da provincia de Santa Cruz é unha nova evidencia de que as cousas están cambiando a causa do quecemento global do planeta.
Segundo un recente informe de Gren Peace o glaciar foise derretendo aos poucos ata que retrocedeu4 kmen 80 anos. Publicaron dúas fotos nas que se demostra o retroceso do xeo desde 1931 ata o día de hoxe.
O Parque Nacional dos Glaciares está situado na rexión coñecida como Os Andes Austrais do territorio arxentino, no linde con Chile. Pola súa imponente beleza natural constitúe unha marabilla única no mundo. Foi declarado “Patrimonio da Humanidade” pola UNESCO en 1981.
O Campo de xeo do sur da Patagonia cobre a cordilleira Austral (Os Andes) ao longo de350 kme del saen 13 grandes glaciares e 190 glaciares menores.