Estudiando o tempo
Na actualidade o IES Francisco Asorey conta nas súas instalación con dúas estacións meteorolóxicas, unha dixital e outra manual, que cumpren os estándares para homologar os datos obtidos nas mesmas.
A estación manual conta con un barómetro aneroide, termómetro de máxima, termómetro de mínima, psicrómetro e pluviómetro, cos cales se obteñen os datos de presión atmosférica, temperatura, máxima, temperatura mínima, humidade relativa e precipitación. Diariamente os alumnos de secundaria, en quendas rotatorias recollen eses datos e anótanos nunha ficha creada a tal efecto. Nesta mesma ficha recóllense ese mesmos datos procedentes da estación dixital.
Esta estación está conectada a unha estación base onde se poden visualizar os distintos valores e almacenalos nun ordenador, de xeito que podemos facer un seguimento continuado da variación destes valores e representalos en gráficas. Ademais das variables citadas, a estación dixital tamén recolle outras como velocidade do vento, dirección do vento e radiación UV.
Esta actividade pretende familiarizar ao alumnado coas principais variables meteorolóxicas e a súa importancia na caracterización do clima, así como detectar se existen diferenzas significativas entre ambas tecnoloxías, manual e dixital.
A longo prazo pretendemos realizar análises climatolóxicos en distintos períodos anuais que nos permitan avaliar de forma local a evolución do clima na nosa área.