Estudiando as forzas

5 Febreiro 2013
corda

Este traballo consiste en  indicar as forzas nas imaxes que eleximos. Todo ten que ver coas leis de Newton. As imaxes son basicamente de deportes, algunhas moi complexas e outras máis sinxelas.

As leis de Newton:

1-Na ausencia de forzas exteriores, toda partícula continúa no seu estado de repouso ou de movemento rectilíneo e uniforme respecto dun sistema de referencia inercial ou galileano.

2- A forza que actúa sobre un corpo é directamente proporcional ao produto da súa masa e da súa aceleración.

3- Por cada forza que actúa sobre un corpo, este realiza unha forza igual pero de sentido oposto sobre o corpo que a produciu. Dito doutra forma: As forzas sempre se presentan en pares de igual magnitude e sentido oposto, da mesma dirección e actuando sobre entidades diferentes.