Estrelas da ciencia: Nicolás Copérnico
Nicolás Copérnico naceu o 19 de febreiro de 1473 en Polonia e morreu o 24 de maio de 1543, con 70 anos.
Estudoou Matemáticas na Universidade de Cracovia e logo en Bolonia Dereito, Mediciña, Grego e Filosofía e en Roma Astronomía e Ciencias.
Era matemático, astrónomo, xurista, físico, clérigo católico, gobernador, administrador, líder militar, diplomático e economista. Foi o astrónomo que deseñou a primeira teoría heliocéntrica do Sistema Solar basada nas seguintes ideas:
-O centro do Universo atópase preto do sol e arredor orbitan Mercurio, Venus, A terra e a Lúa, Marte, Xúpiter e Saturno.
-A Terra ten tres movementos: rotación diaria, traslación e a inclinación do eixo.
-As estrelas son obxectos distantes que permanecen fixos e non orbitan arredor do sol.
-A distancia ao Sol é pequena comparada coa distancia ás estrelas.
-Os movementos celestes son circulares, uniformes e eternos, formados por diferentes ciclos.
A súa obra principal De revolutionibus orbium coelestium (Sobre as revolucións das esferas terrestres), froito de 25 anos de traballo, publicouse despois da súa morte. Un crater da Lúa leva o seu nome.