Estrelas da ciencia. Linneo

3 Febreiro 2012
Linneo

O 10 de xaneiro, hai 234 anos, morría en Suecia Carlos Linneo, un científico, naturalista, botánico e zoólogo sueco, que é coñecido por ser o creador do sistema científico para nomear as especies de seres vivos e a súa clasificación.

Considérase un dos pais da ecoloxía e tamén é o fundador da taxonomía moderna.

Carl Nilsson Linæus naceu o 23 de maio de 1707, na rexión de Rashult, ao sur de Suecia, e morreu con 70 anos.

Estudou na Universidade de Upsala, na que despois foi profesor de Medicina e Botánica, e doutourose en medicina nos Países Baixos.

Realizou numerosas expedicións por Suecia para recolectar e clasificar plantas, animais e minerais.

Principais publicacións:

-1729: Præludia sponsaliarum plantarum

-(1732: Fundamenta botanica quae majorum operum prodromi instar theoriam scientiae botanices per breves aphorismos tradunt.

-1735-1770: Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (Sistema natural, en tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares". Trece edicións correxidas.

-1735: Fundamenta botanica

-1738: Classses plantarum

Linneo está considerado o creador da clasificación dos seres vivos ou taxonomía. Desenvolveu un sistema de nomenclatura binomial baseado no emprego dun primeiro nome, indicativo do xénero, coa primeira letra en maiúscula, e unha segunda parte indicativa do nome específico da especie descrita. Tamén agrupou os xéneros en familias, as familias en clases e as clases en reinos.

No seu tempo era recoñecido como un dos científicos máis importantes en toda Europa.

“Se descoñeces o nome das cousas, desaparece tamén o que sabes delas”.

Lineno-nome