Estrelas da ciencia. Leonardo da Vinci

6 Xuño 2012
Leonardo-1

O dous de maio cumplíronse catrocentos noventa e tres anos da morte Leonardo da Vinci, un dos homes máis destacados de todos os tempos.

Un 15 de abril de 1452 nacía en Vinci (Florencia) Leonardo da Vinci, un persoaxe que destacou en moitos campos da ciencia e a cultura: pintor, científico, inventor, enxeñeiro, anatomista, arquitecto, músico, escritor....

Como todos os sabios da súa época interesouse pola escola de Alexandría.

O seu cadro máis famoso foi a Gioconda que se atopa actualmente no Museo de Louvre de París.

A maioría dos seus inventos quedaron sobre o papel por ser irrealizables cos medios do seu tempos (helicóptero, submariño, automóvil... O que máis ansiaba realizar era a máquina voadora. Tamén destacou polo deseño de fortalezas e máquinas de guerra para o exército de Cesar Borgia, entre eles un tanque e a hélice que actualmente levan os barcos.

Como científico fixo importantes achegas en anatomía, enxeñería civil, óptica e hidrodinámica.

Os últimos anos da súa vida pasounos en Francia e morreu en Amboise o 2 de maio de 1519, á idade de 67 anos.

    

Obras artísticas:

-Mona Lisa

-A sonrisa de San Juan

-A última cea

-Home de Vitruvio

-Virxen da roca

-Estatua do cabalo Sforza

Inventos

-Traxe de buceo e escafandra

-Bicicleta

-Parafuso aéreo (prototipo de helicóptero)

-Catapulta e outras armas de guerra.

Estudios científicos:

-A luz,

-Óptica

-Anatomía: o feto dentro do útero, o fluxo sanguíneo, animais...

-Efectos da rabia

-Botánica

Escribiu varios códices que agora estan por todo o mundo (dous deles están en Madrid).

Leonardo