Estrelas da ciencia. Johannes Kepler

4 Xaneiro 2012
Kepler

O 27 de decembro cumplíronse 440 anos do nacemento de Kepler, un dos astrónomos máis importantes da historia.

Johannes Kepler foi un matemático, físico e astrónomo alemán que naceu en Weil der Stadt o 27 de decembro de 1571 e morreu en Ratisbona o 15 de novembro de 1630.

Desde pequeno observaba os astros con interese. Estudou as teorías de Copérnico sobre o Universo centrado no Sol (concepción heliocéntrica) e traballou co astrónomo Tycho Brahe no observatorio de Praga.

A partir das medicións feitas propuxo as tres leis fundamentais da mecánica celeste, coñecidas como leis de Kepler, que explican os movementos dos planetas e serviron de base para a teoría da Relatividade de Einstein. O 17 de outubro de 1604 Kepler observou unha supernova na nosa galaxia (Vía Láctea) que máis tarde sería chamada estrela de Kepler, a única supernova observada na nosa galaxia en tempos históricos