Estrelas da ciencia: Isaac Newton
O 31 de marzo cúmplense 284 anos da morte de Isaac Newton, un dos científicos máis grandes de todos os tempos. A Buxaina quere recordarnos a todos o importante que foi o seu traballo para a ciencia.
Isaac Newton naceu o 4 de xaneiro de 1643 e finou o 31 de marzo de 1727 en Inglaterra.
Físico, filósofo, teólogo, inventor, alquimista e matemático.
Desde neno foi moi afeizoado a facer experiemntos e inventos. Traballou como profesor de Matemáticas en Cambridge e ocupou diferentes cargos públicos en Londres. Está considerado un dos científicos máis importantes de todos os tempos.
As súas principais achegas á ciencia foron:
-Investigación sobre óptica e a natureza da luz
-A lei da gravitación Universal
-As leis da dinámica
-Cálculo integral e diferencial
-Estudos de hidrostática e hidrodinámica
-Telescopio reflector
-Sextante
A súa principal publicación é Philosophiae naturalis principia mathematica (1687)
Lenda na tumba de Newton:
"Aquí descansa Sir Isaac Newton, cabaleiro que con forza mental case divina demostrou primeiro que ninguén, coa súa brillante matemática, os movementos e figuras dos planetas, os sendeiros dos cometas e o fluxo e refluxo do océano. Investigou cuidadosamente as diferentes refraccións dos raios de luz e as propiedades das cores orixinados por aqueles. Intérprete laborioso, sagaz e fiel da natureza, a Antigüidade e as Santas Escrituras, defendeu na súa filosofía a maxestade do Todopoderoso e manifestou na súa conduta a sinxeleza do Evanxeo. Dade as grazas, mortais, ao que exitiu así e tan grandemente como adorno da raza humana...".