Estrelas da ciencia: Humphry Davy

5 Septembro 2011
Humphry Davy

Humphry Davy está considerado un dos químicos máis importantes, un dos fundadores da electroquímica que foi quen de descubrir ou obter numerosos elementos químicos.

Sir Elmer Humphry Davy naceu o 17 de decembro de 1778 en Cornualles (Inglaterra) e morreu en Xenebra (Suíza) o 29 de maio de 1828. Era fillo dun escultor de madeira e tivo unha educación autodidacta. Aos dezanove anos leu o “Tratado Elemental “ de Lavoisier o que lle despertou un grande interese pola química. Desde os vintetrés anos traballa dando conferencias na Institución Real con Benxamin Thompsom e acada un gran recoñecemento. As súas conferencias despertaban tanto interese que provocaban atascos de tráfico na rúa. As entradas eran vendidas por máis de 20 libras (1.400 euros de hoxe). Chegou a ser famoso e rico e presidiu a RoyalSociety. Un dos seus discípulos máis destacados foi Michael Faraday.

Principais contribucións á química:

-En 1798 ingresou na Medical Pneumatic Institution e investigou sobre as aplicacións terapéuticas de gases como o óxido nitroso

-En 1802 descobre e pon nome ao potasio.

-En 1807 descobre o cloro construíndo unha pila con 2.000 placas dobles.

-Conseguiu separar por electrolise magnesio, bario, estroncio, calcio, sodio, potasio e boro.

-En 1815 creou unha lámpada de seguridade para os mineiros.

-En 1818, xunto con William Thomas Brande consegue illar o litio das súas sales.

-Estudou a enerxía involucrada nos procesos químicos.

-Foi pioneiro no control da corrosión dos metais mediante a protección catódica.

Humphry Davy1