Estrelas da ciencia: HIPATIA Ὑπατία
Naceu en Alexandría (Exipto) no ano 370 e morreu no 415. Era filla de Teón de Alexandría, un famoso matemático e astrónomo. Foi mestra e filósofa e adicábase tamén ás matemáticas, á astronomía, á mecánica e á tecnoloxía.
Cartografou corpos celestes confeccionando un planisferio,
Inventou un aparello para destilar auga, un hidrómetro graduado para medir a densidade dos líquidos e un nivelímetro para medir o nivel da auga.
As súas obras non se conservaron pero coñécense grazas aos seus discípulos como Sinesio de Cirene ou Hesiquio de Alexandría:
-Comentario da Aritmetica en 14 libros de Diofanto de Alexandría
-Canon astronómico
-Comentario ás Seccións cónicas de Apolonio de Perga
-Revisión das Táboas astronómicas de Claudio Tolomeo
Morreu asasinada polas súas ideas nunha época de enfrontamentos entre os cristiáns e os considerados “pagáns”.
Un asteroide e un crater da Lúa levan o seu nome.
A pelígula Ágora está basada na súa vida.