Estrelas da ciencia: Guillermo Schultz

1 Septembro 2011
Guillermo Schultz

O 31 de xullo cumplíronse 134 anos da morte en Aranxuez de Guillermo Schulz, o primeiro científico que fixo un estudo da xeoloxía galega, e que no seu tempo acadou un alto recoñecemento científico polo seu impulso da minería española. Está considerado un dos introdutores en España da petroloxía moderna.

Wilhelm Phillip Daniel Schulz naceu en en Dörnberg (Alemaña) o 23 de xuño de 1800 e estudou na universidade de Gotinga. En agosto de 1826 trasladouse a España para dirixir labores de investigación e explotación mineira nas Alpuxarras. En 1830 foi nomeado Comisario de Minas, en 1833 Inspector do Distrito en Galicia e Asturias con sede en Ribadeo e en 1844 Inspector Xeral. Entre 1854 e 1857 foi profesor na Escola Especial de Enxeñeiros de Minas de Madrid. Era membro da Sociedade Xeolóxica de Francia e da Sociedade Xeográfica de Berlín.

Foi nomeado presidente da comisión que debía realizar o mapa xeolóxico de España.

O seu primeiro traballo foi o levantamento do mapa petrográfico de Galicia, iniciado en 1832 e que rematou en dúas fases: en 1834 acartografía xeolóxica (Mapa Petrográfico) e en 1835 a Descripción Xeognóstica do Reino de Galicia.

Nos seus cadernos de campo describe con todo detalle as súas viaxes por Galicia, indica a localización de xacementos de ouro, volframio, estano, lignito... describe as paisaxes, as xentes,as pousadas, os refuxios. Coa axuda dun nivel e unha brúxola levantou o primeiro mapa fiable de Galicia. Cita trilobites, ortoceratites e pólipos, así como restos de plantas, nos Terrenos de Transición, as primeiras referencias paleontolóxicas explícitas para o Macizo Hespérico.

As súas coleccións sistemáticas de rochas galegas consérvanse no Instituto Xeolóxico e Mineiro de España e na Dirección Xeral de Minas da Coruña.

Tamén descubriu os primeiros fósiles de dinosaurios e réptiles mariños de España. Documentou un dente de Megalosaurus atopado no Xurásico de Ruedes (Xixón-Asturias).

 

OBRAS DE SCHULZ RELACIONADAS COA XEOLOXÍA GALEGA:

-1835. Descripción Xeognóstica do Reino de Galicia.

-1838. Ollada sobre o estado actual da mineiría do distrito de Asturias e Galicia.

-1841. Estatística da mineiría de Asturias e Galicia.

-1841. Algúns datos parala Historiamoderna da mineiría en Asturias e Galicia. 

mapa Schultz